Para falar da tradición e da profesión de zoqueiro, calquera persoa empezaría por definir a artesanía.
​
Lucía Vázquez Castro no seu estudo sobre a Evolución sociohistórica de la profesión y de los hábitos de consumo afirma que explicar que é a artesanía non é unha tarefa fácil e complícase no gran ámbito no que actúa. Existe un enfrontamento entre os que defenden que a artesanía debe preservarse como aquelas pezas que manteñen a elaboración tradicional (que en moitos casos é moi rudimentaria e moi laboriosa de conseguir), fronte aos artesáns que seguen creando pezas únicas pero adaptadas aos tempos presentes, modificando o produto ás necesidades da actualidade e utilizando unha tecnoloxía que facilite a fabricación do ben.
​
Relacionado con isto, Malo González, C. (1996) en Artesanías, diseño, calidad y mercado afirma que a posición correcta é a do artesán que innova e se adapta aos cambios sociais, alegando que a artesanía, como creadora e preservadora de cultura e tradición, ten que seguir o conduto que segue a sociedade, e iso implica adaptarse aos cambios que nela se produzan, a condición de que sexan tolerantes coa esencia tanto do produto, como da artesanía.
​
Para a RAG a artesanía é a “técnica ou arte do artesán, que ten como finalidade a elaboración de produtos dun xeito manual utilizando medios e métodos de produción tradicionais”.
No ámbito cultural segundo Etienne-Nugue, J. (2009) en Háblame de la Artesanía (UNESCO): “O artesán é un traballador manual, especializado nunha técnica e que elabora só ou en familia, distinguíndose así dun empregado”. A UNESCO adopta a definición por La Artesanía y el mercado internacional: comercio y codificación aduanera (Manila, 6-8 de octubre de 1997): "Os produtos artesanais son os producidos por artesáns, xa sexa totalmente a man, ou coa axuda de ferramentas manuais ou mesmo de medios mecánicos, sempre que a contribución manual directa do artesán siga sendo o compoñente máis importante do produto acabado”.

O banco de traballo coas ferramentas: a machada, aixolas planas e de copa, trades, as gubias e legras ou raseiro, unha longa coitela con dous mangos que se empregaba para desbastar a superficie externa das pezas. Encóntrase no Museo das Zocas en Mondoñedo.
Con todo, Alberto Geada non se considera artesán e asegura que non fai artesanía. As zocas para Alberto son un produto tradicional e ao mesmo tempo unha representación do que foi a de protexer o pé de todos os galegos e galegas e xente próxima a Galicia. Alberto definiría o seu oficio de zoqueiro como un ben patrimonial con un punto artístico: «Hai outra xente que realmente fai o produto coa man e se lle queren chamar artesanal eu respéctoo, pero eu vou realmente ao caso, para min as zocas son un produto que representar tradición, cultura e imaxe de Galicia».
Alberto Geada
I.1: Alberto Geada perfilando a forma principal da zoca cunha aixola plana.

Alberto Geada é un zoqueiro, nin máis nin menos que o último de Galicia. Un espello do pasado e un referente do calzado de madeira.
​
Reside no barrio de Os Muíños, un barrio de artesáns situado nunha das entradas de Mondoñedo. Actualmente aí teñen a súa sede catro talleres artesáns e encóntrase o Museo das Zocas, un referente do calzado primitivo de madeira en Europa.
El entra na profesión principalmente polo factor do legado familiar. Seu pai dedicouse a facer zocas na época na que a industria zoqueira comezou a evolucionar. Na zona de A Mariña, en concreto Alfoz, houbo unha gran industria de zocas e madreñas nunha época na que non había competencia de novos calzados.
Nos estudos do investigador Jose M. Salgado sobre o legado dos zoqueiros en Lugo constata que a provincia de Lugo foi especialmente unha terra de zoqueiros por excelencia. Isto é debido á existencia de comarcas proclives aos chans permanentemente húmidos. Por este mesmo motivo, entre outros, Secundino Geada, padre de Alberto Geada, desenvolveu o labor de zoqueiro toda a súa vida e o fillo continuou a tradición. Con vinte anos Alberto empezou a explorar o mercado. A xente que se dedicaba a facer nas madreñas xa daquela tiña unha idade moi avanzada e pese a iso, meteuse no medio.
​
Por unha parte está a zoca de decoración que vende e por outro lado están as pezas como obras de arte. Non ten un perfil exacto de cliente. Sigue tendo compradores para uso delas pese a que están en decadencia. Tamén fai madreña asturiana que aínda segue empregándose e con mellor saúde que a zoca galega.
​
A zoca vai no camiño dunha peza de museo. De exhibición pola vía da tradición ou a vía da representación artística. «Non se pode ter todo, se tes unha peza artística, non tes algo de emprego diario. Se un produto de alto deseño de repente se empeza a exportar a Zara o seu valor cae en picado».

I.2: Resultado do primeiro tratamento da madeira. A partir de aquí comézase a baleirar o interior da zoca.
O proceso de
elaboración


I.3: Alberto perfilando a forma principal da zoca cunha aixola plana. A axila consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns dez centímetros, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira.
I.4: O mazo e a gubia que permiten crear o interior da zoca. A gubia é un formón de media cana e delgado, empregado para labrar na madeira superficies curvas que permite abrir a boca da zoca coa gubia.

I.5: A legra. Trátase dunha das ferramentas máis importantes tanto polo corte curvado que permite o baleirado, como polo seu mango que confire un gran brazo de panca aporta mellor soporte ao corte.

I.6: Entre as duas mans suxeita unha longa coitela con dous mangos que se emprega para arreglar e suavizar a superficie externa das pezas.
O zoqueiro que non quere que lle chamen artesán

Alberto Geada reflexado nun cadro dedicado ao seu persoaxe "O Zoqueiro Peregrino".
Cando a maioría dos oficios tradicionais morren por falta de legado, Alberto é dos que decidiron apostar por unha causa que pode parecer perdida. Detrás do seu pelo engomado e pendente na orella está un rapaz que se encanta cos titulares nos medios das súas extravagancias.
​
​
Hai futuro para un zoqueiro?
Pode que si. Aquí tamén son coñecido pero en plan cachondeo -referíndose á súa vila natal- en plan flipado do zoqueiro. Eu son un tío moi burlón e bastante sociable. É un bo cebo, publicidade gratis pero é moi difícil co que cambiou a sociedade É máis importante saber vender o produto que saber facelo e que me valoren artisticamente é o mellor.
​
​
​​Como consegue estar no punto de mira por vender as zocas?
Todo o que son é froito da excentricidade. A xente basease moito no morbo e en cousas que son impensables. Eu manteño a técnica de facer as zocas tradicionais pero polos tempos non me podo permitir o luxo de facelas cando non hai mercado para iso. Sempre estou buscando novas ideas. Considérome un tipo peculiar e gústame traballar a través das redes sociais e experimentar cos proxectos.
​
​
Que opina sobre a tradición e a artesanía?
Eu non quero que me consideren como artesán porque realmente estanse aproveitando dos últimos que fan produtos tradicionais. Entras como nun Monopoly que está controlado polas Administracións. A palabra artesanía é como unha marca que está dentro da sociedade para vender un produto. As zocas eu definiríaas como un produto tradicional e ao mesmo como unha representación da tradición de protexer o pé de todos os galegos galegas. Eu definiría o meu oficio como un Ben Patrimonial con un punto artístico.

I.3: Unha das pezas artísticas de Alberto que colabora con xoves artistas redeseñando a estética das zocas.
A liña actual é manter a xente que está intentado andar nas zocas, aguantala e abrir ese camiño do fashion e da arte, de peza VIP. O seu público é nada entre os que seguen co emprego de mediana idade para arriba, e despois o mercado máis innovador e creativo, xente nova que se desenvolven na industria da moda.
Nun mundo cada vez máis rápido, a tradición se quere manterse viva tense que adaptar ao que é éxito agora: facerse viral.
​
O proceso das zocas na actualidade cambiou moito polos tempos e pola sociedade. Facelas de maneira totalmente tradicional para os zoqueiros supón facer só catro pares ao día e para iso ten que compensar facelo. As zocas do propio museo leváronlle a Alberto unha semana e están no museo máis prestixioso de Holanda, o Internationaal Klompenmuseum no que venden dous millóns de pares de zoca ao ano.
Non é unha sorpresa saber que non existen unhas subvencións e axudas específicas. As axudas están mais enfocadas na fabricación. «Para comprar unha máquina pódese acadar subvencións que chegan ata a metade do prezo, pero se se piden axudas para seguir mantendo a tradición e seguir facendo as zocas de maneira tradicional, como xustificas as zocas que vas facer? Entón as axudas están só para cando podan inverter nalgo rendible».
A desaparición da zoca é lenta pero inexorable. A conciencia de empregala como calzado é nula. Todo o que cae no esquecemento morre. A única salvación para as zocas sería a apreciación histórico-social delas. Pero realmente somos unha sociedade que valora o seu pasado? A dicir verdade, non. A dificultade de produción que supoñen as zocas e o pouco interese cultural sobre elas supón que a súa produción non sexa rendible.
Senón é por legado familiar, non se transmite esta tradición. Por iso Alberto Geada está na liña de convertela en Patrimonio da Humanidade. Así estarán protexidos a zoca e por suposto o zoqueiro. Deste modo poderase desenvolver unha liña de formación e subvención de zoqueiro e de madreñeiro.
Agora mesmo de elaboración de zoca queda só Alberto. Existe xente maior que as segue facendo pero por hobbie. De zoco existen máis pero non son considerados zoqueiros, senón son zapateiros que fan a patroaxe do coiro que se clava na madeira. Citando aos considerados zapateiros por Alberto, Elena Ferro é outra das artesás que levan a cabo o rexurdir da tradición. Ambas posturas son de dignificación e divulgación da tradición. Por Europa, Alberto encóntrase dentro dos dez que o saben facer de xeito tradicional.
​
Hai que saber de onde vimos para saber cara onde vamos. Por iso a apreciación da tradición zoqueira é imprescindible para a importancia que ten a artesanía como parte do patrimonio cultural, para a identidade dos pobos e como recurso económico non desapareza.
Elementos de metainformación
Canon EOS 800D
FotografÃa sintética:
- Número f: f/5
- Tiempo de exposición: 1/320 s
- ISO: 6400
- 21 mm
I.1:
- Número f: ƒ/5.6
- Tiempo de exposición: 1/400 s
- ISO: 6400
- 30 mm
I.2:
- Número f: ƒ/5.6
- Tiempo de exposición: 1/30 s
- ISO: 400
- 27 mm
I.3:
- Número f: ƒ/5.6
- Tiempo de exposición: 1/400 s
- ISO: 6400
- 34 mm
I.4:
- Número f: ƒ/4.5
- Tiempo de exposición: 1/500 s
- ISO: 6400
- 24 mm
I.5:
- Número f: ƒ/6.3
- Tiempo de exposición: 1/320 s
- ISO: 6400
- 35 mm
​
I.6:
- Número f: ƒ/7.1
- Tiempo de exposición: 1/250 s
- ISO: 6400
- 55 mm
​
I.7:
- Número f: ƒ/5.6
- Tiempo de exposición: 1/13 s
- ISO: 200
- 20 mm
​
Retrato:
- Número f: ƒ/9
- Tiempo de exposición: 1/400 s
- ISO: 6400
- 35 mm
Fontes:
- Castro Pérez, X. (2008). Historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX. Vigo: Nigratea: “Historia da infancia na Galicia Contemporánea”. Localización: Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía. ISSN 1131-5989, Nº 16, 2008, págs. 63-100. https://revistas.webs.uvigo.es/index.php/mns/article/view/3140/2934
​
​
- Vázquez Castro, L. (2020). La artesanía en galicia: evolución socio-histórica de la profesión y de los hábitos de consumo. https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/25168/VazquezCastro_Lucia_TFM_2020.pdf?sequence=2&isAllowed=y
​
​
- Fernández Montes, M. 1996. Etnologia de las comunidades autonomas. ISBN: 978-84-87111-54-9. Madrid. Editorial: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. https://digital.csic.es/bitstream/10261/10660/1/Etnolog%C3%ADa%20de%20las%20Comunidades%20Autónomas.%20Prólogo.pdf
​
​
- Fernandez-Canteli, A.. (1996). INGENIERIA DE LA MADREÑA . DYNA, 71(4). 20-24. https://www.revistadyna.com/busqueda/ingenieria-de-madrena
​
​
- D. Rivas, R. (2018). La artesanía : patrimonio e identidad cultural. KóOt, (9), 80-96. Recuperado de https://biblioteca.utec.edu.sv/koot/index.php/koot/article/view/120/139
​
​
- Etienne-Nugue, J. (2009). Háblame de la Artesanía. UNESCO. http://artesaniatextil.com/wp-content/uploads/2017/12/181443s.pdf
​
​
- Malo González, C. (1996). Artesanías, diseño, calidad y mercado. https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=&ved=2ahUKEwixw53vg-DwAhXM3oUKHXgWAkUQFjAAegQIBxAD&url=http%3A%2F%2Fdocumentacion.cidap.gob.ec%3A8080%2Fbitstream%2Fcidap%2F297%2F1%2FArtesanias_lo_util_y_lo_Bello.pdf&usg=AOvVaw1BUZPYQgjkz5VR5IIqUFFE
​
​
- Fundación Artesanía de Galicia.
- https://artesaniadegalicia.xunta.gal/es
- https://artesaniadegalicia.xunta.gal/es/lexislacion
​
​
- Ley 1/1992, de 11 de marzo, de Artesanía de Galicia. (1992). Referencia: BOE-A-1992-12035. https://www.boe.es/buscar/pdf/1992/BOE-A-1992-12035-consolidado.pdf
​
​
- UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura):
- Definición adoptada en el Simposio UNESCO/CCI “La Artesanía y el Mercado Internacional: Comercio y Codificación Aduanera” (Manila, 6-8 de octubre 1997): http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/FIELD/Quito/pdf/REGLAMENTO_2014.pdf
​
- INDUSTRIAS CREATIVAS. ARTESANÍA Y DISEÑO. http://www.unesco.org/new/es/culture/themes/creativity/creative-industries/crafts-and-design/
​
- Marco Patrimonio Inmaterial. https://ich.unesco.org/es/tecnicas-artesanales-tradicionales-00057